Actividades pola Diversidade no mes de xuño

Actividades pola Diversidade no mes de xuño

          Sábado, 4 de xuño ás 19.00h, CHARLA “PERSEGUINDO SOÑOS. Historias que inspiran” con THIMBO SAMB na aula 9 do Centro Ágora (Lugar da Av. Gramela, 17, A Coruña)

THIMBO SAMB, é actor,  youtuber e activista. Nacido en Senegal, creceu en en  Kayer, un pobo de pescadores, pero desde pequeno a súa nai leváballe ao grupo de teatro do pobo, onde ela actuaba. Desde entón tivo claro que quería ser actor. Pescar dáballe diñeiro, pero actuar facíalle feliz e sempre dixo “mentres estea vivo quero ser feliz facendo o que me gusta”. Cando chegou a España con 17 anos a súa idea era non volver pescar senón ser actor e viviu mil penalidades ata acabar participando en grandísimos proxectos, especialmente desde 2012. 

 

–          Domingo, 5 de xuño ás 18.00h, TEATRO EL SUEÑO ES VIDA con THIMBO SAMB no salón de actos do Centro Cívico Os Mallos (Av. de Arteixo, 147 A Coruña). 

 

EL SUEÑO ES VIDA é unha peza que ten como pano de fondo a inmigración. O actor protagonista deste drama da vida real, sobrevoa a súa experiencia para suxerirnos un cambio de perspectiva. A historia que conta é tamén a historia de todos nós. A proposta do texto obríganos a entender este monólogo en relación cos grandes dramas da nosa literatura máis universal. O resultado é un traballo espido, honesto e emotivo que o espectador pode completar ao finalizar a representación.

 

“El sueño es vida” reverte a proposta de Calderón da Barca ao converter os soños na oportunidade de saír dunha vida que é peor que unha prisión. Unha lectura poética e moi persoal sobre a humanidade, un ensaio sobre o desexo e o poder dos soños.

 

 

Ámbas actividades forman parte do noso proxecto TEATRO SOCIAL POLA DIVERSIDADE, financiado pola Fundación Emalcsa e en colaboración con Yarama África.


As prazas son limitadas, polo que é imprescindible que vos apuntedes con anterioridade no formulario: 
https://forms.gle/WpfQf5xxyccQreuA7

 Esperámosvos!

 

Leave a Reply

Your email address will not be published.