A Coruña aberta ao mundo

A Coruña aberta ao mundo

Xunto aos medos e as esperanzas migraron tamén sabores e saberes dende distintos países do mundo para recalar na Coruña e enriquecer a identidade dun pobo en continuo movemento.

 

A gastronomía é un dos rasgos máis visuais e atractivos dunha cultura. A través dos nosos platos, trasmitimos ideas, valores e pensamentos que forman parte do noso bagaxe cultural. Polo tanto, a comida é un vínculo perfecto para coñecer e valorar outras culturas distintas á nosa.

Dende A Coruña aberta ao mundo, eleximos catro países, catro cociñeiros/as que se convertiron nos auténticos/as protagonistas do proxecto.

Na primeira parte do proxecto, mergullámonos na gastronomía de Colombia, México, República Centroafricana e Guinea Bissau, a través de catro obradoiros nos que creamos un grupo maravilloso, con persoas de Galicia, Cuba, Brasil e Senegal. Cociñamos xunt@s da man de Clara, Rosalba, Fabién e Esmeralda, pero sobre todo conversamos, rimos e compartimos  un tempo de luxo.

Sen embargo, o mellor estaba por chegar. Na segunda parte do proxecto, achegámonos á historia que hai detrás dos/as cociñeiros/as, abríronnos as portas da súa casa, coñecimos os seus espazos preferidos, conversamos coas súas familias,…

  • Así,  encantad@s quedamos de coñecer mellor a Clara, da forma tan natural e agarimosa coa que nos falou da súa vida en Colombia, de súa viaxe á Coruña, dos seus   momentos  máis  felices e tamén dos más tristes. Sen dúbida, as súas experiencias fixeron dela unha muller valente que non   perdeu nin un ápice da nena divertida que leva dentro.
  • Rosalba, é unha avogada mexicana, que chegou á Coruña namorada de Galicia e dun galego. Contounos como pasou de vivir  nunha gran cidade a un pequeno pobo, como tivo que abandoar a súa profesión e comezar así un novo xeito de entender a vida.
  • En todo o territorio español non residen máis de 30 persoas orixinarias da República Centroafricana, polo que contar con  Fabién foi unha tremenda sorte, e todo un acerto!! Fabién naceu e medrou nunha pequena aldea, a súa infancia e mocidade estivo tristemente envolta pola  guerra que vive o país,  isto fixo del unha persoa moi especial, que sen dúbida, non deixa  indiferente a ninguén. Ten unha grandisima capacidade para comunicar, soubo detallar dunha maneira moi clara experiencias vividas moi  duras, e para saltar da dor ao humor, en cuestión de  segundos,  facéndonos rir a gargalladas.
  • Esmeralda Batipao, é unha guineana que medrou en Portugal e reside  na Coruña.  Esmeralda que combina tres culturas nunha, puxo todos os seus aprendizaxes de vida a  nosa disposición. Fixemos un percorrido pola súa vida, dende Guinea Bissau ata o seu  Recuncho de Esmeralda na rúa Pelamios na Coruña. Unha muller cun eterno sorriso,  feminista, nai, emprendedora e loitadora polos dereitos das mulleres negras.

GRAZAS!

Aquí podes ver o documental UNHA EXPERIENCIA, CATRO VIDAS.

Leave a Reply

Your email address will not be published.