O 21 de marzo é o Día Internacional contra a Discriminación Racial. Parece pois unha boa ocasión para reflexionar sobre o racismo existente, que vai moito máis aló do prexuízo ou do discurso de odio dos grupos de extrema dereita.
O racismo non é algo anecdótico, senón estructural. Debemos aceptar dunha vez que todos/as somos racistas, é unha estrutura da que é moi difícil escapar se fuches culturizado nunha sociedade que o é. O racismo existe a nivel institucional, social, cultural, económico, e tamén a través das nosas actitudes e condutas. E non importa canto de ben ou mal intencionadas son, porque a realidade é que teñen consecuencias reais noutras persoas.
Polo tanto, a pregunta que nos debe facer reflexionar tal día coma hoxe, non é se somos racistas, porque o somos. A pregunta é se estamos dispostos/as a combater para deixar de selo.