Teatro Social pola Diversidade

Home / Proxectos educativos / Teatro Social pola Diversidade

Espazo de teatro social comunitario

Teatro Social pola Diversidade

É un proxecto de creación escénica formado por persoas de diferentes perfis, orixes e experiencias vitais, que presta especial atención a persoas migrantes e refuxiadas.

As actividades xiran ao redor da posta en marcha e realización dunha obra de teatro, a través de talleres grupais que teñen o obxectivo de empoderar ás persoas participantes de maneira individual e fortalecer a colaboración, participación e cohesión social dentro dos barrios con maior índice de exclusión social da Coruña.

O proxecto culmina coa creación colectiva dunha peza escénica que parte dos intereses e experiencias das persoas participantes e do que estes/as buscan comunicar á sociedade.

A cidade será tomada polo teatro, por actores e actrices non profesionais, que chegarán a espazos non teatrais pero con moito protagonismo na cidade, achegando a cultura e o teatro a persoas que normalmente non accederían a él.

O teatro promove a expresión, a creatividade, a liberdade e o descubrimento das capacidades. O teatro fai medrar ás persoas e dótaas dunha maior autonomía, autodeterminación e empoderamento.

Se ademais se desenvolve como unha actividade grupal serve como ferramenta para o diálogo, a empatía e escoita entre persoas. Promove a cohesión, o sentimento de pertenza ao grupo, a construción de redes sociais, de apoio e de amizade.

Se ademais o resultado, a obra artística, se mostra a un público prodúcese un impacto comunitario, grupal e persoal: a interacción, o diálogo cos que participan como público, produce un cambio na mirada deste cara ás persoas que realizan o acto artístico e viceversa.

Creación do Grupo de Teatro Social

Talleres de Cohesión grupal e creación colectiva

Creación colectiva dunha peza escénica