May Yaw

MAY YAW (EU SON TI, en lingua wolof).

Proxecto para a prevención do racismo entre a mocidade galega.

Proxecto educomunicativo para a prevención da discriminación racial en colaboración con Centros Públicos de Educación de Secundaria das provincias de A Coruña e Lugo e a Universidade da Coruña.

Formación especializada a un colectivo especialmente importante pola sua capacidade de réplica: o estudantado universitario do ámbito da educación.

Ferramentas preventivas: materiais audiovisuais, guías e recursos sobre o racismo, a xenofobia, interculturalidade e a diversidade para mozos/as de 12 a 18 anos.

Plataforma on line para profesorado e estudantado.

5 centros educativos. 6 sesións de traballo

4 temáticas.

Metodoloxía: Ecosistema dixital como recurso de aprendizaxe.

EXECUCIÓN INTEGRAL EN FORMATO DIXITAL
INNOVACIÓN EDUCATIVA
METODOLOXIA APRENDIZAXE-SERVIZO

Proxecto financiado polo Concello da Coruña