Comezamos os OBRADOIROS DE COCIÑAS DO MUNDO.

Comezamos os OBRADOIROS DE COCIÑAS DO MUNDO.

Comezamos os OBRADOIROS DE COCIÑAS DO MUNDO.

Este mes de xullo terán comezo os Obradoiros de Cociñas do Mundo, dentro do noso proxecto A Coruña Aberta ao Mundo, en colaboración con Yarama África, e financiado pola Fundación Emalcsa, dentro do Programa Cultura Accesible e Inclusiva.

A través deste proxecto mostraremos as diferentes culturas que conviven na nosa cidade dun xeito positivo e enriquecedor.

A gastronomía é un dos rasgos máis visuais e atractivos dunha cultura. A través dos nosos platos, trasmitimos ideas, valores e pensamentos que forman parte do noso bagaxe cultural. Polo tanto, a comida é un vínculo perfecto para coñecer e valorar outras culturas distintas a nosa.

Eleximos catro países (Colombia, México, República Centroafricana e Guinea Bissau) e realizaremos unha inmersión total na gastronomia e a cultura de cada lugar. Para logralo contaremos coa axuda inestimable de Clara, Rosalba, Esmeralda e Fabién, os/as cociñeiros/as locais que serán os auténticos/as protagonistas do proxecto e nos achegarán ao máis auténtico da súa cultura.

PODES INSCRIBIRTE AQUI

Trátase de contar as historias que hai detrás dos/as cociñeiros, os sabores e o legado cultural de cada país.