Recuncho artístico
Trátase dun recurcho onde os nenos/as se poñen en contacto coa arte e desenvolven a habilidades e gusto pola estética, están en contacto co uso do material plástico no marco da combinación de cores e texturas.
O traballo por recunchos é un traballo en pequeno grupo (entre 4-5 nenos/as) que, ademáis dos obxectivos da propia tarefa permite desenvolver a capacidade de traballar en equipo, e de coidado e orde do material común.
As tarefas que se formulan para o traballo nos recunchos sóen ocupar uns 20 minutos, que se poden completar ata unha hora cos tempos de preparación do material antes de comenzar, e poner en orde o material unha vez que se remate.
As aventuras de Diara
OBXECTIVOS
- Explicitar esteriotipos e prexuízos sobre outras culturas e tratar de superalos.
- Despertar interese polas diferentes culturas
- Aprender a usar a imaxe e o dibuxo para representar situacións.
TAREFA
A tarefe consiste na elaboración nun conto conxunto sobre aventuras de Diara.
Os nenos/as deben ilustrar (representar a través dun dibuxo) as aventuras de Diara. Ao pé de cada debuxo tamén se pode introducir un pequeno texto sobre o que sucede. Cada grupo que pase polo recuncho engadirá un capítulo de aventuras da nena. E cada aventura debe saír dun razoamento sobre por que lle pasan esas cousas, por que se mete neses líos, etc.
Unha vez que estean todos os capítulos compostos, o conto poderase contar e debatir nunha asamblea.
A tarefa trata de explicitar as representacións que os nenos/as teñen sobre o que implica ser Sene-galega e traballar sobre educación intercultural a partires de ditas percepcións.
RECURSOS
Folios blancos, ceras de colores, lápices, gomas.
Máscaras amigas
OBXECTIVOS
- Coñecer a máscara como elemento típico de diferentes culturas e afondar nos eventos culturais que implican o seu uso (entroidos, teatros, ritos, etc.).
- Amosar unha actitude de aceptación e respeto polas diferenzas individuais.
- Adquirir destrezas e habilidades manipulativas aplicándoas ao manexo de útiles e materiais presentes no seu entorno.
- Tomar conciencia das características persoais.
TAREFA
Esta actividade consistirá en realizar máscaras típicas de diferentes partes do mundo.
Propoñeráselles buscar as imaxes e reproducilas plásticamente.
Organizaranse o traballo e as responsabilidades que implica a búsqueda e a elaboración das máscaras
Poderán facer réplicas de máscaras ou crear as súas proias a partires das que visualicen. Poderán facer etiquetas para cada máscara respecto do lugar de procedencia, do uso que se fai delas, ou inventándolle un nome e uso se son de creación propia. O uso posterior destas máscaras pode ser en diferentes festas (principalmente no antroido), exposición nun lugar da aula ou centro, recuncho do xogo simbólico para disfrazarse.
RECURSOS
Ordenador ou PDI con acceso a internet para buscar información.
Cartolinas coas máscaras impresas, cores (rotuladores ou ceras, o que prefiran, pero recomendamos ceras Manley ou outras ceras brandas, punzóns con alfombrillas para debaixo, gomas elásticas e unha mesa con 4 cadeiras.
Monicreques vestidos de festa
OBXECTIVOS
Favorecer a expresión plástica dos nenos e a utilización de materias como: tesoiras, goma eva, velcro, botóns…
TAREFA
O primeiro pasos consiste en realizar os monicreques que representarán nenos e nenas. Poden facerse a modo de “mariquitas” ou pegándolles velcros para logo poder vestilos.
O segundo paso consistirá en buscar información a través de internet, libros, fotografías, etc. onde aparezcan traxes típicos de Galicia e Senegal.
En terceiro lugar cada neno elixirá un modelo Galego e outro Senegalés, tanto de nena como de neno, que debe debuxar, pintar e recortar.
Unha vez que todos rematen a tarefa, terán confeccionado un xogo onde poderán vestir aos monicreques de galegos, senegaleses ou sene-galegos.
RECURSOS
Internet, o conto “Un mundo de cores, gome-eva, velcro, cartolina, témperas, lápices de cores, tesoiras, pegamento, etc.
Xoias, contiñas e colares
OBXECTIVOS
- Disfrutar creando áos deseños das xoias.
- Desenvolverse con novos materiais.
- Experimentar as novas emocións e gusto polo estético.
- Comprender a través de fotografías.
- Adquirir autonomía á hora de elaborar cada un a súa xoia.
- Confíar en sí mesmos, en que poden conseguilo.
- Integrar a solicitude de axuda como algo normal cando é preciso coas tesoiras ou con elementos moi pequenos.
TAREFA
Na clase presentaremos varias fotos de xoias de Senegal e de Galicia. Ademáis todos os materiais necesarios, como avalorios, cordas ou arames, para elaborar xoias estarán enriba das mesiñas.
Os nenos collerán o que necesiten e prestarémoslles axuda cando o precisen, por exemplo coas tesoiras ou co pegamento. Unha vez elaboradas as xoias, expoñeranse, por exemplo, nunha feira a final de curso.
RECURSOS
- Arames
- Gomas elásticas
- Avalorios
- Cores
- Pincéis
- Tesoiras
- Pegamento
Os viraventos senegalegos
OBXECTIVOS
- Explorar activamente e apreciar o seu entorno social e multicultural.
- Iniciarse en habilidades espaciais, xeográficas e artísticas.
TAREFA
Dámoslle aos nenos/as as plantillas cos viraventos para que os elaboren. Primeiro deben recortar polas liñas de puntos e despois enganchar as puntas, e á súa vez, enganchar un pau. Cando xa está o viraventos dobrado e suxeito entre si pegamos en cada solapa imaxes que nos recorden a Galicia e senegal (fotos dos nenos da aula, de diara, bandeiras, traxes típicos, comidas, monumentos. Haberá viraventos galegos, senegaleses e senegalegos.
Unha vez realizados poden expoñerse pola aula en pequena macetas recheas de espuma, e sometelos ao vento para que xiren.
RECURSOS
Folios blancos, ceras de colores, lápices, gomas.