Recuncho matemático
Trátase dun recuncho onde os nenos/as se poñen en contacto coa lóxica matemática, coa xeometría, co calculo, coa orientación espazo-temporal, cos tamaños, cos volumes, coas distancias, etc.
O traballo por recunchos é un traballo en pequeno grupo (entre 4-5 nenos/as) que, ademais dos obxectivos da propia tarefa permite desenvolver a capacidade de traballar en equipo, e de coidado e orde do material común.
As tarefas que se formulan para o traballo nos recunchos soen ocupar uns 20 minutos, que se poden completar ata unha hora cos tempos de preparación do material antes de comezar, e poñer en orde o material unha vez que se remate.
As aventuras de Diara
OBXECTIVOS
- Iniciarse no cálculo e na asociación como habilidades matemáticas.
- Xerar interese pola cultura propia e outras culturas.
TAREFA
Os docentes elaborarán fichas de dominó que en lugar de números terán debuxos ou fotografías de diferentes elementos propios das culturas Galega e Senegalesa.
O s nenos/as ademais de xogar ao dominó familiarizaranse con ambas culturas.
Observación: o dominó tamén pode ser elaborado polos nenos/as e pode conter números e imaxes, que se poden extraer do libro “un mundo de cores”.
RECURSOS
Dominó multicultural,
Cartolinas, plástico para plastificar, cores, tesoiras, etc.
Puzzles amigos
OBXECTIVOS
- Observar e explorar de forma activa o seu entorno.
- Coñecer outras culturas e sociedades.
- Iniciarse nas habilidades matemáticas, manipulando funcionalmente elementos e coleccións, identificando os seus atributos e cualidades e establecendo relacións de agrupamentos, clasificación, orde e cuantificación.
TAREFA
Realizarán puzzles feitos coas imaxes do libro Un mundo de cores, e falarán sobre os personaxes que aparecen en cada puzzle e a situación na que se atopa.
Tamén poden elaborar os seus propios puzzles respectando o contido do conto ou creándolle novas aventuras a Diara.
RECURSOS
puzzles, cartolina, tesoiras, pinturas de cores, lápices, plástico para plastificar, etc.
Enparellamos
OBXECTIVOS
- Iniciarse nas habilidades matemáticas, establecendo relacións de agrupamento.
TAREFA
Os mestres e mestras encargaranse de realizar fichas nas que aparezan os distintos personaxes do libro co obxectivo de que os nenos/as fagan parellas de iguais.
RECURSOS
fichas elaboradas finas nas que aparezan personaxes e imaxes de Mundo de Colores.
Calculando ingredientes dun menú Senegalego
OBXECTIVOS
- Desenvolver as habilidades lóxico-matemáticas manipulando e relacionando os obxectos entre eles.
- Iniciarse no cálculo de cantidades e no peso.
- Achegarse e disfrutar do mundo da gastronomía de diferentes culturas.
TAREFA
O punto de partida será un menú senegalego, onde se incluirán pratos típicos galegos e senegaleses. Poden ser dunha época determinada do ano, festividade, ou do cotiá. Por exemplo, pódese facer pan galego e pan senegalés.
O traballo do recuncho consiste en facer a listaxe da compra, e tomando como referencia folletos de supermercado, calcular os cartos que precisamos para confeccionar o menú.
O cálculo posterior, unha vez adquiridos os ingredientes, será o de pesar e organizar por equipos para que cada equipo poida elaborar o seu menú.
Observación: Esta actividade será máis realista se se complementa con saída ao mercado a adquirir os alimentos, e con obradoiro de cociña para cociñalos.
RECURSOS
- Folletos de supermercado.
- Papel e lapis, báscula, menú, ingredientes do menú, recipientes para a organización dos ingredientes.
Labirinto Senegalego
OBXECTIVOS
- Empregar o coñecemento matemático para interpretar a vida en clave de lóxica, para comprender situacións e resolver problemas.
- Recoñecer e valorar as características común das diferentes culturas.
TAREFA
Os nenos e as nenas deberán conseguir que Diara pase dun lado a outro do labirinto para conseguir o que quere, como por exemplo se se pregunta “onde está a avoa de Diara?”, os nenos e nenas deberán axudala a chegar polo camiño apropiado ata a súa avoa. Para aproximar máis a actividade ao conto, empregaremos catro personaxes distintas (da familia senegalesa e galega de Diara). Cada un dos nenos e das nenas deberá emparellar a Diara con unha destas personaxes.
Os nenos/as reforzarán a idea de que os nenos/as doutras culturas tamén teñen seres queridos, como avoa, país, nais, amigos, etc.
Observación: os nenos poden ser os creadores dos propios labirintos.
RECURSOS
Labirinto creado coas personaxes do conto “O mundo de cores”, lapis ou rotuladores de cores para marcar os distintos camiños, cartolinas, lápices de cores e plástico para plastificar os labirintos se se elaboran.
Viaxando con Diaria
OBXECTIVOS
- Empregar o coñecemento matemático para interpretar a vida en clave de lóxica, para comprender situacións e resolver problemas.
- Recoñecer e valorar as características común das diferentes culturas.
TAREFA
Formúlaselles aos nenos/as o seguinte problema: Imaxinade que Diara é a vosa compañeira de clase, e que está moi desexosa de ir ver á súa avoa e aos seus primos do Senegalás súa avoa de Senegal. Como lle axudariades? A idea é que cada grupo de nenos organice unha viaxe a Senegal, con tal motivo debe utilizar as matemáticas para:
- Calcular distancias e tempo que levaría a viaxe
- Decidir en qué medio de transporte se podería ir
- Decidir quen vai de viaxe con Diara
- Calcular custes tendo en conta os días da viaxe e a estadía en Senegal
Cada grupo debe facer a súa proposta, e logo debátense en gran grupo para elixir entre todos as mellores ideas, e compoñer a viaxe que máis se axeite ás expectativas de todo o grupo.
Outra idea e calcular o os custos da viaxe da familia de Senegal para que veña a visitar a Diara a Galicia.
RECURSOS
Ordenador, libros para consultar, mapas, papel e lapis