Recuncho de xogos

Home / Recuncho de xogos

Trátase dun recuncho onde os nenos/as representan diferentes roles, póñense no papel doutras persoas, personaxes, oficios, etc. É un recuncho para traballar a socialización, para detectar a presenza de estereotipos e prexuízos e traballalos, para a resolución de conflitos e, en xeral, para a convivencia.

O traballo por recunchos é un traballo en pequeno grupo (entre 4-5 nenos/as) que, ademais dos obxectivos da propia tarefa permite desenvolver a capacidade de traballar en equipo, e de coidado e orde do material común.

As tarefas que se formulan para o traballo nos recunchos soen ocupar uns 20 minutos, que se poden completar ata unha hora cos tempos de preparación do material antes de comezar, e poñer en orde o material unha vez que se remate.

Mercado ou tenda multicultural

OBXECTIVOS

  • Achegarse á cultura galega e senegalesa e respectalas.
  • Divertirse a través da representación de roles.
  • Desenvolver habilidades de negociación e de empatía.

TAREFA

Trátase de caracterizar este recuncho a modo de mercado ou tenda, de maneira que os nenos/as teñan á súa disposición diferentes alimentos, utensilios, animais e plantas propios da cultura galega e senegalesa, e poidan xogar a comprar, vender, ordenar, etc.

Deberá haber tamén etiquetas con nomes, prezos, moedas, balanzas, bolsas e, en xeral, os útiles propios dunha tenda ou mercado.

RECURSOS

Estanterías, caixas, figuriñas de alimentos, de animais, outros obxectos, moedas, bolsas, balanzas, etiquetas para prezos, lapis, atuendos propios para os vendedores, etc.

Camerino Senegalego

OBXECTIVOS

  • Achegarse á cultura galega e senegalesa e respectalas.
  • Divertirse a través da representación de roles.
  • Desenvolver habilidades de negociación e de empatía.

TAREFA

Trátase de caracterizar este recuncho a modo vestidor, camerino, tenda de roupa galega e senegalesa.

Os nenos/as terán á súa disposición pezas de roupa e complementos para disfrazarse e xogar a ser diferentes persoas.

Recoméndase incluír roupa típica das culturas galega e senegalesa, pero tamén roupa e complementos propios da vida cotiá de Senegal e de Galicia.

Os nenos/as combinaran e intercambiarán as vestimentas do xeito que consideren, e xogarán a representar diferentes roles.

RECURSOS

Pezas de roupa e complementos típicos de diferentes tradicións galega e senegalesa, así como da vida cotiá de ambos lugares.

A casiña senegalega

OBXECTIVOS

  • Desenvolver capacidades de representación de actuación dentro da casa
  • Resolver problemas e conflitos por si mesmos en colectividade tendo que tomar decisións en canto aos demais membros da casa.

TAREFA

Caracterizarase O recuncho como unha casa, onde estean ben diferenciadas cada unha das partes da mesma, pero que cada parte inclúa elementos de ambas culturas.

Os nenos/as serán os responsables de repartirse os roles, e convivirán explorando e manipulando obxectos da vida cotiá nun fogar senegalego, como pode ser a casa de Diaria.

RECURSOS

Recursos:

  • mesas
  • cadeiras
  • delantales
  • cordas para facer de tendáis
  • pinzas da roupa
  • pratos e vasos de plástico
  • bebés (bonecos)
  • teléfono (de xoguete ou non), etc.