Recuncho das letras

Home / Recuncho das letras

Trátase dun recuncho onde os nenos/as se poñen en contacto coa lectoescritura, debendo estar dotado de material escrito e/ou material TIC que lles permitan achegarse a esta habilidade.

O traballo por recunchos é un traballo en pequeno grupo (entre 4-5 nenos/as) que, ademais dos obxectivos da propia tarefa permite desenvolver a capacidade de traballar en equipo, e de coidado e orde do material común.

As tarefas que se formulan para o traballo nos recunchos soen ocupar uns 20 minutos, que se poden completar ata unha hora cos tempos de preparación do material antes de comezar, e poñer en orde o material unha vez que se remate.

Sopa de letras

OBXECTIVOS

  • Achegarse á lingua escrita a través de distintos tipos de textos.
  • Espertar o interese pola lectura.
  • Espertar o interese por outras culturas, así como pola propia e valoralas.

TAREFA

Nesta actividade configuraremos unha sopa de letras na que os nenos teñan que atopar palabras relacionadas co conto «O mundo de cores».

RECURSOS

Conto “Mundo de Cores”

Sopa de letras

Lapis

O dicionario senegalego

OBXECTIVOS

  • Progresar na adquisición de hábitos de orde, constancia e planificación no desenvolvemento das tarefas.
  • Iniciarse nas habilidades matemáticas, manipulando funcionalmente elementos e coleccións, identificando os seus atributos e calidades e mais establecendo relacións de agrupamentos, clasificación, orde e cuantificación.
  • Iniciarse na formulación de hipóteses, buscando respostas e explicacións, para anticipar probables efectos que poderían producirse como consecuencia de situacións da vida diaria e dalgúns experimentos realizados.
  • Comprender que as palabras, escrituras indeterminadas, números, notas musicais, iconas e outros símbolos e signos convencionais poden representar os pensamentos, experiencias, coñecementos, ideas e intencións das persoas.
  • Iniciarse no uso oral dunha lingua estranxeira para comunicarse en actividades contextualizadas e mostrar interese e gozo ao participar nestes intercambios comunicativos.

TAREFA

Os nenos/as, coa axuda dos docentes elaborarán un dicionario senegalego no que haberá palabras propias de cada idioma (comidas, músicas, bailes), e palabras que se definirán en galego, e logo anotarase cómo se escriben en Wólof. Ao dicionario poden engadírselle imaxes e un arquivo de audio para poder escoitar como se pronuncian as palabras.

Os nenos/as elixirán as palabras do dicionario, definiranas e terán un alfabeto de orientación para ilas ordenando.

Podemos precisar da axuda dun pai, nai, veciño senegalés para que nos axude, sobre todo cos sons.

RECURSOS

Follas, lapis, cores, ordenador, libreta.

Pasaporte mulitcultural

OBXECTIVOS

  • Familiarizarse co concepto de país e pasaporte.
  • Recoñecer e interesarse pola multiculturalidade.

TAREFA

Tras un traballo previo de asamblea sobre o concepto de pasaporte, e tras ver e manipular un pasaporte real, cada neno/a fará o seu propio pasaporte multicultural, no que pegará unha foto súa, e irá anotando os países aos que quere viaxar ou viaxou, podendo anotar tamén algún sentimento ou anotación persoal sobre cada un deles. Serán un pasaporte no que tamén se poderán facer debuxos, ou pegar fotografías, selos, etc.

A idea e ir deixando testemuña dos lugares que os nenos/a teñen visitado na realidade, que desexarían visitar ou que visiten na súa imaxinación, así como das emocións que os distintos lugares lles suscitan.

Todas as informacións e emocións que se plasmen nos pasaportes poden ser compartidas e traballadas nas asambleas.

RECURSOS

Libreta que represente pasaporte, pape e lapis , lápices de cores, fotografía propia, fotografías de lugares, culturas, obxectos, etc.