Mundo de Cores
Proxecto de sensibilización preventiva para unha xestión eficaz da diversidade na educación, dende unha perspectiva intercultural e de xénero.
Fase I. 2015-2018.
Creanse ferramentas e desenvolvense actividades destinadas a EDUCACIÓN INFANTIL (de 3 a 6 anos)
Fase II. Ano 2019
Creanse ferramentas e desenvolvense actividades destinadas ao primeiro ciclo de EDUCACIÓN PRIMARIA (de 6 a 9 anos)
Fase III. 2020
Creanse ferramentas e desenvolvense actividades destinadas ao segundo ciclo de EDUCACIÓN PRIMARIA (de 9 a 12 anos)
A base pedagóxica sobre a que traballa Mundo de Cores céntrase na triple discriminación á que se enfrenta unha NENA AFRODESCENDENTE da Coruña: negra, muller, e de familia con orixe migrante.
Dende Viraventos recoñecemos os estereotipos raciais e os estereotipos de xénero como problemas cruzados (interseccionalidade). As nenas negras non só ven afectadas polos estereotipos de xénero, senón tamén polos estereotipos raciais, dunha maneira que as estigmatiza seriamente.
MATERIAL ELABORADO
Conto infantil ilustrado
MUNDO DE CORES
Idade recomendada de 3 a 6 anos
Fichas, xogos, e recursos pedagóxicos.
Conto infantil ilustrado PODEREI
Idade recomendada 6 a 9 anos
Guía de lectura
Material de concienciación para centros educativos
Curtametraxe PODEREI
Guía de visionado
Contacontos