A Coruña aberta ao mundo
A Coruña: aberta ao mundo.
Proxecto de promoción e difusión da diversidade cultural na Coruña.
A gastronomía é un dos trazos máis visuais e atractivos dunha cultura. É polo tanto, o vínculo perfecto para coñecer e valorar outras culturas distintas á nosa.
Elixiremos catro países e realizaremos unha inmersión total na gastronomía e a cultura de cada lugar. Para logralo contaremos coa axuda inestimable de cociñeiros/as locais que serán os auténticos/as protagonistas do proxecto e achegarannos todo o máis auténtico da súa cociña.
Contaremos as historias que hai detrás dos/as cociñeiros/as, os sabores e o legado cultural de cada país.