Proxectos educativos
Estos son algúns dos proxectos educativos que Viraventos ten en marcha.
Mundo de cores
Proxecto de sensibilización preventiva para unha xestión eficaz da diversidade na educación, dende unha perspectiva intercultural e de xénero.
A Coruña aberta ao mundo
A gastronomía é un dos trazos máis visuais e atractivos dunha cultura. É polo tanto, o vínculo perfecto para coñecer e valorar outras culturas distintas á nosa.
MAY YAW
(EU SON TI, en lingua wolof). Proxecto educomunicativo para a prevención da discriminación racial en colaboración con Centros Públicos
TEATRO SOCIAL POLA DIVERSIDADE
é un proxecto de creación escénica formado por persoas de diferentes perfis, orixes e experiencias vitais, que presta especial atención a persoas migrantes e refuxiadas.
CONTA +
é un proxecto de comunicación social, creado por Viraventos, que busca dar resposta ás necesidades da mocidade galega, xerando contidos de interese para eles/as, que lles permitan participar en retos de carácter global como a igualdade de xénero, a educación intercultural ou a transición ecolóxica.
VISIBILIZANDO EXPERIENCIAS DE DISCRIMINACÍON NA MOCIDADE
Este proxecto pon o foco da loita contra o racismo e a xenofobia na prevención, dende a comunicación e a sensibilización social, para fomentar unha mellor e saudable convivencia.