KIT DE PROTECCIÓN CONTRA O RACISMO PARA CENTROS EDUCATIVOS

A discriminación racial é unha realidade máis frecuente do que nos gustaría recoñecer.

DEPENDE DE TÍ QUE NO TEU CENTRO EDUCATIVO NINGUNHA NENA OU NENO SUFRA BULLYING RACIAL.

Ser vítima de discriminación ten consecuencias negativas directas no desenvolvemento das crianzas, tanto de xeito inmediato como a medio e longo prazo. Sufrir discriminación con leva sobretodo unha perda básica de confianza nun mesmo/a e nos/as demais. Isto pode xerar síntomas depresivos, dificultades nas relacións sociais e nas relacións afectivas.

A primeira condición para que un neno ou meniña vítima de discriminación deixe de sufrir e que alguén se decate desta situación e o notifique as institucións especializadas.

SERÁS CÓMPLICE

  • Se mostras incredulidade, non crees a vítima, consideras que esaxera ou que é “ cousa de nenos”

  • Se ignoras a situación, non atendes a súa demanda de axuda ou non lle buscas ou apoio preciso.

  • Se non o/a protexes do seu agresor/a, por exemplo, obrigando a vítima a perdoar ao seu agresor/a e facer como se nada tivese ocorrido.

Fai que o teu COLEXIO sexa un CENTRO LIBRE DE RACISMO

INFORMÁDEVOS E FORMÁDEVOS

Profes… está na vosa man.

ENCHE O CENTRO DE MATERIAL INFORMATIVO

para as vítimas, para agresores/as e tamén para quenes ven e calan…

QUE NON FALTEN LIBROS!

Diversidade, por favor!

PÍDENOS ASESORAMENTO

Estamos para axudarvos