Recibimos multitude de mensaxes diariamente, dende os medios de comunicación, as redes sociais, WhatsApp,…., pero non en tódalas ocasions chegamos a asimilar, a comprender ao 100% a información que nos chega. E en moitas menos ocasións a mensaxe provoca en nós unha reacción, un cambio.
Trataremos unha serie de temas que moi a miúdo adoitamos deixar en visto, para profundizar neles a través dos seus protagonistas.
En Deixar en visto falaremos de igualdade de xénero, inmigración, participación, tempo libre, saúde afectivo-sexual, diversidade e convivencia, igualdade e feminismo, xóvenes referentes, participación social…
Educar á mocidade para que exerzan a súa liberdade de expresión e o seu dereito á información fortaléceos, non só a cada un/ unha como persoa senón que robustece ao conxunto da sociedade. Debido á súa importancia o exercicio do dereito á comunicación debe establecerse como un eixo prioritario de sensibilización social.
Deixar en visto, forma parte do proxecto CONTA +, un proxecto de comunicación social, creado por Viraventos, e financiado pola Xunta de Galicia a través da convocatoria de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con asignación tributaria do 0.7% do IRPF.
* Viraventos non se fai responsable das opinións vertidas polas persoas colaboradoras nin presentadoras do programa Dejar en visto.