Conto Poderei

Home / Conto Poderei

Poderei é un conto infantil, editado e publicado por Viraventos no ano 2019, que fala da importancia de ter referentes para as nenas racializadas, en todos os espazos, sendo o antirracismo e o empoderamento os eixos da mensaxe que o conto trata de transmitir. É colaboradora e autora do prólogo Rita Bosaho, a primeira Deputada negra da historia de España e que agora ocupa o cargo de Directora Xeral de Igualdade de trato e Diversidade Étnico Racial do actual Ministerio de Igualdade.

Resumo:
Sempre pode haber alguén que intenta facerche crer que non podes, que por ser como eres, non serás capaz ou non tes dereito. Sen embargo, non debes deixar que ninguén limite a túa capacidade para imaxinar o que podes chegar a ser. Este é un conto sobre a riqueza da diversidade, sobre os bens culturais que nos achegan os nosos devanceiros, que ademáis, cando proveñen de lugares tan afastados nos ensinan se caben moito máis. É un conto sobre a confianza nunha mesma, a coraxe, e a importancia de que arroupemos sempre aos nosos/as pequenos/as.

O conto vai acompañado dunha guía de lectura.

  • Idade recomendada: de 6 a 9 anos
  • Autora: Patricia Ares Diaz e Diara Djitte Ares
  • Ilustrador: José Souto Santé
  • Prologo: Rita Bosaho
  • Idioma: galego
  • ISBN: 978-84-09-16596-4
  • 32 páginas. Tapas duras.