Obradoiros
O concepto de obradoiro ten que ver con “aprender a facer algo”, desenvolver unha destreza, unha habilidade.
Os obradoiros no marco da educación infantil, ademais de poder desenvolverse na clase cos docentes, tamén constitúen unha modalidade organizativa que facilita a participación de país, nais e todas aquelas persoas que voluntariamente se presten a colaborar no desenvolvemento do obradoiro, ou incluso como expertos/as ensinando a habilidade ou destreza que o obradoiro formula.
O obradoiro acostuma a organizarse para que o grupo –clase traballe conxuntamente, e procúrase que non dure máis dunha hora cada sesión, pois hai obradoiros que precisan de varias sesións.
Obradoiro de cociña senegalega
OBXECTIVOS
Favorecer o traballo en equipo nas tarefas de cociña e comedor.
- Adquirir habilidades para manipular útiles de cociña e comedor
- Familiarizarse coa manipulación de alimentos e os hábitos de hixiene.
- Fomentar a apreciación e o respecto polos alimentos da cultura propia e de outras culturas no marco dunha alimentación saudable.
TAREFA
Coa axuda das familias elaborarase un menú senegalego para o cal se aportarán os ingredientes necesarios.
Procurarase un menú dieteticamente equilibrado e saudable.
Pódese organizar o grupo en subgrupos, e cada un elaborará un prato: aperitivo, primeiro prato, segundo prato, e sobremesa.
Pesaranse os ingredientes e confeccionarase o menú.
Poñerase a mesa entre todos e degustaranse os menús preparados.
RECURSOS
Menús aportados por las familias, ingredientes, útiles de cociña e comedor.
Obradoiro: cantando e bailando cancións populares
OBXECTIVOS
- Participar activamente na interpretación de cancións, música e danza da cultura propia e de outras culturas.
- Explorar as capacidades sonoras do corpo, dos obxectos e de instrumentos musicais.
- Sentir a música como medio de manifestación de sentimentos.
- Adquirir e mellorar as habilidades psicomotrices grosas como equilibrio, coordinación, ritmo.
TAREFA
Recórrese aos avós e avoas galegos e senegaleses para que nos ensinen cancións, melodías e danzas populares.
O obradoiro consistirá en cantar, tocar instrumentos e bailar as danzas que nos ensinen os nosos/as maiores ou expertos no tema que nos poidan guiar a tarefa.
Esta aprendizaxe pode aproveitarse para ser representada nunha das festas que celebre todo o colexio
RECURSOS
Sistemas de gravación y reprodución audiovisual
Instrumentos musicais, letras de cancións, etc.
Obradoiro do Mbalax Muiñeiro
OBXECTIVOS
Potenciar a capacidade creativa a través das linguaxes artísticas.
Achegamento ao folclore Senegalés e galego.
Achegarse á cultura Senegalesa e galega a través dos seus ritmos.
Achegarse ao coñecemento, emprego e valoración das TIC como ferramentas de busca de información, creación, expresión e comunicación.
Utilizar a linguaxe corporal como instrumento de comunicación, de expresión de ideas, sentimentos e de gozo.
TAREFA
Este obradoiro divídese en dúas partes: a elaboración dos instrumentos (Djembé e pandeireta), e a aprendizaxe de cancións e bailes tradicionais usando os instrumentos feitos. Usarase material de refugallo na medida do posible.
Para a elaboración do djembé, ou tambor típico do folclore africano, amosarase paso a paso segundo aparece neste enlace: Exemplo explicativo da realización, sendo o material preciso, unha maceta, una lata de conserva, un valón lixeiro desinchado.
Para a pandeireta Para elaborar a pandeireta, recortaremos un cartón en forma circular e xuntaremos chapas de botellas para imitar o son das ferreñas. Para imitar a pel do instrumento, precisamos varias pelotas desinchadas, cortarémolas e pegarémolas, e xa teremos lista a nosa pandeireta. Por último decorarémola ao noso gusto.
Mentres se realiza cada instrumento poden soar e mostrarse vídeos de Mbalax e muiñeiras cantadas con pandeireta, que se acabarán tocado e bailado unha vez que se elaboren os respectivos instrumentos.
É importante o uso das TIC por parte dos nenos/as para acceder a esta información.
RECURSOS
Ordenador ou PDI para con acceso a internet para buscar información.
Recursos que se empregan: A traer da casa: Maceta de plástico, lata de conservas baleiras (dun diámetro parecido ó da base da maceta), balón, e tapas de botellas.
Material para decorar: gomets, pegatinas, lazos, acrílico…
Da escola: cinta adhesiva de embalaxe, tesoiras. cúter e abrelatas.
Obradoiro de moda senegalega
OBXECTIVOS
- Progresar na adquisición de hábitos de orde, constancia e planificación no desenvolvemento de tarefas.
- Coñecer e respectar as diferenzas culturais.
- Mostrar unha actitude de aceptación e respecto polas diferenzas individuais: neste caso a través das vestimentas que se poden atopar noutras culturas e a propia.
TAREFA
Neste obradoiro ensinaremos aos nenos e nenas a facer con material reciclado dous tipos de vestimenteas:
- Algunhas versións da vestimenta senegalesa tradicional, o Robu.
- Algunhas versións da vestimenta galega tradicional.
Unha vez elaboradas as vestimentas poden probarse, e combinarse, facerse fotografías e expoñelas nun mural de moda senegalega, cos comentarios que os nenos/as consideren para facerlle chegar a os demais os valores da tradición e da convivencia entre culturas.
RECURSOS
Bolsas, para facer a base dos traxes; gomets e pegatinas para decorar as bolsas; tesoiras, pegamento, fotografías, cartolinas, cores, rotuladores, bolsas de lixo de cores, teas de diferentes cores e texturas, cinta americana, cámara fotográfica, ordenador ou PDI.